Diversidade, Cor carne, cores pel, Identidade

Color carne

  • CATEGORÍA: Infantil

  • TEXTO: Desirée Bela-Lobedde

  • ILUSTRACIÓN: Lydia Mba

  • EDITORIAL: Penguin Kids

  • PÁXINAS: 48

  • IDADE RECOMENDADA: A partir de 5 anos

  • VALORACIÓN TROCADELA

    Un conto que permite reflexionar sobre a diversidade de cores da pel e desmitificar a “cor carne”. A través dos seus textos e ilustracións, as crianzas acompañarán á “cor carne” no seu espertar ao mundo real. Con ela descubrirán que non todo é como llo contaron, que non hai unha soa cor para pintar persoas, senón unha ampla gama de cores e iso está moi ben. Así, as crianzas poderán pintarse como se ven e poderán pintar a outras persoas como as ven. Sen contradicións. Sen incomodidades. Sen renuncias. Sen mentiras. Hai cores, non llo podemos negar. Que sentido ten? Aproveitemos o poder dos contos e dos debuxos para ofrecerlles unha experiencia lúdica e gratificante coa diversidade, un xeito natural de integrala no seu imaxinario. Sen dúbida, este conto é unha gran oportunidade para iso.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ