Convivencia

COMO TE CHAMAS? PERDOA, COMO DIS?

Outubro 18, 2022
Hai unhas semanas terminaba de ler o libro de Moha Gerehou, Qué hace un negro como tú en un sitio como este (Península, 2021). Un deses imprescindibles se queremos coñecer e entender o racismo en España, un racismo ás veces directo e outras veces sutil, pero demasiado presente na vida cotiá. Escribindo sobre o tema dos nomes e a súa grafía (nomes estranxeiros non occidentais, claro), un parágrafo quedou gravado na miña retina:

Parte ≠ Todo

Agosto 18, 2022

As persoas estamos feitas de historias, de moitas historias: presentes, pasadas e futuras; compartidas e íntimas. Todas elas importan. Se falta unha, falta unha parte do que somos. Simplificamos a nosa existencia. Mostrámonos e sentímonos incompletas.

E ti, de quen es?

Maio 20, 2022
Hai tempo en Galicia era bastante común, cando ías á aldea para visitar a algún familiar, que algunha persoa, especialmente as de idade máis avanzada, parásese, miráseche de fronte e preguntáseche: “E ti, de  quen es?”. Hoxe en día, xa non sabería dicir se segue este costume, pois hai tempo que só piso chan rural como turista e aí xa se perde un pouco o interese de localización familiar. Nin que dicir ten que  as aldeás e os aldeáns teñen un sexto sentido para identificar quen posúe un vínculo de sangue coa terra e quen non, así que saben moi ben a quen facer esa pregunta.

A Escola do século XXI e a Educación Intercultural

Novembro 30, 2021
Dicir a estas alturas que vivimos nunha sociedade diversa e multicultural, resultaría máis que obvio. Con todo, a pesar da evidencia, semella que seguimos sen darnos conta e seguimos mirando con estrañeza e desconfianza todo aquilo que escapa ao noso imaxinario cotián, seguimos sen aceptar a diferenza como algo natural.
Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ