• Blog
  • Interculturalidade

Interculturalidade

Volta ao cole

Setembro 16, 2022
Esta semana empeza o cole. De novo madrugones, carreiras, cambios de roupa por derrames imprevistos, perrenchas varias antes de saír de casa… pero ao final, as inmensas ganas de reencontrarse con compis que levan case tres meses sen ver, conseguen vencer os contratempos anteriores e as emocións saen a gallarón.

Parte ≠ Todo

Agosto 18, 2022

As persoas estamos feitas de historias, de moitas historias: presentes, pasadas e futuras; compartidas e íntimas. Todas elas importan. Se falta unha, falta unha parte do que somos. Simplificamos a nosa existencia. Mostrámonos e sentímonos incompletas.

E ti, de quen es?

Maio 20, 2022
Hai tempo en Galicia era bastante común, cando ías á aldea para visitar a algún familiar, que algunha persoa, especialmente as de idade máis avanzada, parásese, miráseche de fronte e preguntáseche: “E ti, de  quen es?”. Hoxe en día, xa non sabería dicir se segue este costume, pois hai tempo que só piso chan rural como turista e aí xa se perde un pouco o interese de localización familiar. Nin que dicir ten que  as aldeás e os aldeáns teñen un sexto sentido para identificar quen posúe un vínculo de sangue coa terra e quen non, así que saben moi ben a quen facer esa pregunta.

Contos infantís

Abril 4, 2022
Desde moi temperá idade iniciei ás miñas  crianzas no mundo dos libros, as imaxes que entran polas mans, os contos ou as cancións que tamén contan historias. Son, ademais, das que perdo a noción do tempo en canto entra nunha LIBRERÍA (así con maiúsculas, porque cada vez fuxo máis das tendas de libros, así con minúsculas). Tamén son das que lle gustan os libros que son bonitos por fóra e por dentro, así que me podo pasar horas abrindo e  folleando libros polos estantes. Digo isto para deixar constancia que polas miñas mans pasaron moitos libros infantís, moitos máis dos que acabaron na miña casa, que tampouco son poucos.

O principio de todo

Marzo 4, 2022
O principal motor de arranque de  Trocadela foi sobre todo persoal, a nosa familia aumentou co nacemento espazado de dous  criaturiñas que poñerían o noso mundo do revés. O comezo da nosa historia familiar é bastante común ao de moitas outras, de súpeto estás soa, coa vida máis ou menos estruturada, dispoñendo do teu tempo para organizalo ao teu antollo, as túas horas de soño e descanso equilibradas… e, de súpeto, un ser vivo (ou máis) depende ao cento por cento de ti. 

A Escola do século XXI e a Educación Intercultural

Novembro 30, 2021
Dicir a estas alturas que vivimos nunha sociedade diversa e multicultural, resultaría máis que obvio. Con todo, a pesar da evidencia, semella que seguimos sen darnos conta e seguimos mirando con estrañeza e desconfianza todo aquilo que escapa ao noso imaxinario cotián, seguimos sen aceptar a diferenza como algo natural.
Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ