Trocadela - Proyecto Galicia - Convivencia e Interculturalidad

Convivencia e interculturalidade
para familias e centros educativos

Trocadela - La diferencia es natural

Somos Noemí (psicóloga e mediadora) e Olaia (politóloga especializada en migracións). Fillas de mestra e á vez tía e nai nunha familia intercultural afrodescendente.

Somos moitas familias as que vivimos unha diversidade cultural que despois non atopamos nos centros educativos. A ausencia de referentes, alén dos núcleos próximos e familiares, é unha realidade coa que temos que lidar día a día, o cal deixa unha pegada considerable no proceso de construción da identidade. Dende Trocadela, cremos firmemente que podemos aportar unha visión importante á comunidade educativa.

A NOSA MISIÓN

Acompañar, dende idades temperás, no proceso de formación da identidade.

Naturalizar a diferenza.

Facilitar o coñecemento dun mundo diverso e intercultural.

O NOSO PÚBLICO

Dirixímonos ao ámbito educativo e a familias interesadas en ofrecer unha visión complementaria, intercultural e realista da sociedade na que vivimos.

RECURSOS PARA A CONIVENCIA E A INTERCULTURALIDADE

DIAGNOSE DE CONVIVENCIA

Para entender o funcionamento do centro e as súas necesidades, realizamos unha diagnose dende a confianza e a proximidade.

DESEÑO DE INTERVENCIÓN

Cada centro ten a súa casuística particular e as súas características. Personalizamos a intervención.

ELABORACIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA

Encargámonos de lidar coa burocracia, documentos oficiais, protocolos… Propoñemos un Plan de Convivencia a medida.

RECURSOS PARA DOCENTES

Propoñemos contidos específicos, alternativas de reorganización de espazos e xestión de conflitos; así como diversas actividades e elementos que permitan introducir a perspectiva intercultural nas aulas.

MEDIACIÓN

Grazas á nosa experiencia e formación, ofrecemos intervención directa en conflitos xa presentes ou latentes.

OBRADOIROS PARA ESTUDANTES, FAMILIAS E DOCENTES

Encontros e dinámicas nas que se traballan aspectos da convivencia e a interculturalidade de xeito lúdico e participativo.

POR QUE TROCADELA

EXPERIENCIA PERSOAL

FORMACIÓN PROFESIONAL

TRANSPARENCIA E PROXIMIDADE

IMPLICACIÓN AO 100%

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ