OBRADOIROS PARA FAMILIAS, CENTROS EDUCATIVOS E ENTIDADES SOCIOCULTURAIS

Dinámicas participativas para traballar elementos clave dunha convivencia activa, respectuosa e sen estereotipos étnico-raciais e culturais.

OBRADOIRO

De que cor somos?

No taller De que cor somos? abordamos a importancia da cor da pel na construción da identidade propia e na percepción social que se deriva da mesma. 

A cor da pel e as súas connotacións no imaxinario colectivo, son unha cuestión fundamental na construción de espazos de convivencia respectuosa. Abordalo dunha maneira lúdica, visual e participativa é a mellor maneira de normalizar a diferenza dende a infancia.



OBRADOIRO

O noso barrio

No taller O noso barrio deixamos voar a imaxinación dos máis novos ofrecéndolles ferramentas para observar de maneira consciente a súa contorna, recursos para comunicar as súas reflexións e opcións para desenvolver propostas enfocadas a unha convivencia activa e respectuosa.

OBRADOIRO

Persoalizado

Se tes inquedanzas definidas, necesidades específicas e intereses particulares sobre cuestións que afectan á convivencia na túa contorna, ofrecémosche a oportunidade de deseñar un taller acorde cos teus intereses.

De maneira persoalizada abordamos temas fundamentais para unha convivencia activa e respectuosa, adaptando os contidos  aos diversos contextos.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ