De que cor somos?

Actividade pensada para abordar temas como a identidade, a percepción individual e colectiva, a diversidade étnico-racial e cultural, a discriminación e o racismo.

ACTIVIDADE DIRIXIDA A ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

PODE PARTICIPAR ALUMNADO DE ENTRE 4 E 12 ANOS DE IDADE

PÓDESE REALIZAR EN ESPAZOS COMO AULAS, BIBLIOTECAS OU SALAS MULTIUSOS

PODEN PARTICIPAR GRUPOS DE 10 A 15 PERSOAS

Para inscribirche, envía un correo a trocadela@trocadela.com

QUE IMOS FACER?

A través da lectura de contos, conversacións, material funxible e audiovisual variado reflexionaremos sobre a diversidade étnico-racial e cultural, a identidade, os prexuízos, os estereotipos, a discriminación, o diálogo e o respecto.

OBXECTIVOS

PROMOVER A VALORACIÓN DA DIFERENZA COMO ALGO NATURAL E ENRIQUECEDOR

Favorecer unha experiencia lúdica de diversidade.

Rachar cos prexuízos asociados á cor da pel.

Promover o coñecemento propio e o recoñecemento das demais persoas, dende o dereito a ser diferentes.

Aprender a enriquecerse mutuamente a través do intercambio respectuoso.

Trocadela - Contacto - Herramientas convivencia

Se tes algunha dúbida ou suxestión con respecto a esta actividade, podes escribirnos.
Estaremos encantadas de contestarche.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ