RECURSOS PARA A CONVIENCIA

Dinámicas participativas e creativas

DIAGNOSE DE CONVIVENCIA

Antes de empezar o noso traballo gústanos coñecer o escenario e as súas protagonistas. Conversar para comprender a súa realidade. Precisamos desa proximidade para crear unha relación de confianza e entender o funcionamento do centro e as súas necesidades.

DESEÑO DE INTERVENCIÓN ACORDE COAS NECESIDADES E PROXECCIÓN DO CENTRO

Non cremos na produción en serie, cada centro ten as súas características, o seu xeito de organizarse, a súa casuística particular. Os nosos principios, obxectivos e xeito de traballar son ingredientes que non varían, mais o molde, o tempo de cocción e o produto final serán sempre únicos en cada caso.

ELABORACIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA

Sabemos que o ensino é vocación, contacto directo e práctica, mais as veces hai que lidar tamén coa burocracia, documentos oficiais, protocolos… Nós encargámonos disto en canto a convivencia refírese. Despois de coñecervos e escoitarvos, propoñémosvos un Plan de Convivencia a medida que abarque todas as dimensións da mesma ou concentrado só en determinados aspectos.

RECURSOS PARA DOCENTES

Partindo dunha investigación preliminar sobre a realidade concreta de cada centro, propoñemos contidos específicos, alternativas de reorganización de espazos e xestión de conflitos; así como diversas actividades e elementos que permitan introducir a diversidade de referentes étnico-raciais e culturais na aula.

MEDIACIÓN

Existen moitos xeitos de enfrontar e xestionar os conflitos, a mediación é un deles. Con formación e experiencia neste ámbito, ofrecemos intervención directa en conflitos presentes e/ou latentes, para crear unha rede mediadora coa participación directa do alumnado e acompañamento a docentes e a familias para que coñezan e apliquen estas técnicas no ámbito escolar e familiar respectivamente.

Trocadela - Contacto - Herramientas convivencia

Se tes algunha dúbida ou suxestión, podes escribirnos. Estaremos encantadas de contestarche.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ