1. Información legal e aceptación
O contido desta páxina web www.trocadela.com pertence a Trocadela Diversidad y
Mediación, S.L. (en diante “Trocadela”), domiciliada en rúa Pizarro nº 26-3 5º A (36204) Vigo,
correo electrónico gestion@trocadela.com, provista de C.I.F. B27798941 e inscrita no Rexistro
Mercantil de Pontevedra ao Tomo 3943, Folio 50, Folla PO-56357.
Utilizar ou acceder á páxina web implica a aceptación de todas as condicións incluídas neste
Aviso Legal, así como a aceptación da nosa política de privacidade e a nosa política de
cookies. Polo tanto, agradecemos que leas atentamente o presente Aviso Legal e as nosas
políticas de privacidade e cookies.
2. Uso do sitio web
É obrigatorio facer un uso correcto desta páxina web de conformidade co presente Aviso
Legal e a lexislación aplicable. Queda expresamente prohibido o uso do portal con fins lesivos
que poidan danar as redes, servidores e demais equipos informáticos (hardware) o produtos e
aplicacións informáticas (software) de Trocadela. As persoas usuarias responderán fronte a
Trocadela dos danos e prexuízos que puideran causar como consecuencia do incumprimento
desta obrigación.
Esta páxina web contén información e contidos elaborados por Trocadela. A información
pode ser modificada, desenvolvida ou actualizada sen notificación previa.
3. Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos da páxina web, entendendo por estes a título meramente enunciativo:
textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, links e demais contidos
audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, son propiedade
intelectual de Trocadela sen que poidan entenderse cedidos á persoa usuaria.
As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos son titularidade de Trocadela sen que
poida entenderse que o acceso á páxina web atribúa ningún dereito sobre as citadas marcas,
nomes comerciais e/ou signos distintivos.
En consecuencia, quedan prohibidas a reprodución (excepto para uso privado), a
transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición do público e, en
xeneral, calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, de todos ou parte
dos contidos desta web, así como do seu deseño e a selección e forma de presentación dos
materiais incluídos na mesma. Estes actos de explotación só poderán ser realizados se
media a autorización expresa da persoa titular e sempre que se faga referencia explícita á
titularidade de Trocadela dos indicados dereitos de propiedade intelectual.
4. Redes Sociais
Trocadela conta con perfís nalgunhas das principais Redes Sociais de Internet como
Facebook, Instagram, Linkedin e Twitter.
Trocadela poderá utilizar o seu perfil para informar ás persoas que lle seguen de noticias que
considere de actualidade, artigos publicados; así como informar das actividades nas que
participe, que organice ou promova.
Cando a lei non o prohiba, Trocadela poderá informar sobre os súas actividades, conferencias
e charlas, ás persoas que lle seguen, por calquera vía que a rede social permita.
5. Protección de datos
Para unha maior información sobre o tratamento que Trocadela efectúa dos datos persoais
consulta a nosa política de privacidade.
6. Enlaces a terceiras páxinas web
Os enlaces ou links que contén esta web poden conducir á persoa usuaria a outras páxinas
web, xestionadas por terceiras persoas ou entidades, sobre as que Trocadela non exerce
ningún tipo de control. Trocadela non responde nin dos contidos nin do estado de ditas
páxinas web. O acceso ás mesmas, a través desta web, tampouco implica que Trocadela
recomende ou aprobe os seus contidos.
7. Responsabilidade
Trocadela poderá, en todo momento e sen previo aviso, modificar as condicións de uso,
mediante a súa publicación na web, para que poidan ser coñecidas polas persoas usuarias.
Trocadela, as súas socias ou calquera persoa colaboradora non se responsabilizan dos
errores ou omisións dos que puideran adoecer os contidos desta web ou outros contidos aos
que se poida acceder a través da mesma.
Trocadela non garante á dispoñibilidade, acceso e continuidade do funcionamento da web e
dos seus servizos.
Trocadela non será responsable dos danos e prexuízos causados ás persoas usuarias como
consecuencia da indispoñibilidade, fallos de acceso e falta de continuidade da web.
Trocadela non se responsabiliza de ningún dano ou prexuízo no software ou hardware da
persoa usuaria derivado do acceso á web ou do uso de información ou aplicacións nela
contidas.
A persoa usuaria é a única responsable da procedencia, titularidade, totalidade, contido,
veracidade e exactitude da información facilitada a través da páxina web.
Trocadela non será responsable de calquera dano ou prexuízo ocasionado a calquera persoa
usuaria, nin de ganancias deixadas de obter por calquera persoa usuaria, causadas directa o
indirectamente pola utilización e/ou acceso e/ou conexión coa páxina web
www.trocadela.com e/ou páxinas a ela enlazadas, nin das ganancias deixadas de obter por
calquera persoa usuaria a causa do funcionamento incorrecto, defectos, fallos e/ou danos
causados, totais e/ou parciais, a todo hardware, software e/ou programas informáticos; así
como da perda, alteración e/ou danos, totais e/ou parciais sobre información contida en
soportes magnéticos, cd’s e outros dispositivos; así como da introdución de virus
informáticos ou de variacións ou alteracións non desexadas sobre toda información,
documentos, ficheiros, base de datos, hardware e/ou software.
Trocadela non será responsable de calquera dano e/ou prexuízo que non sexa imputable de
maneira única, directa e exclusiva.
8. Lei aplicable e xurisdición
Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas coa presente páxina
web ou coas actividades nela desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que
se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución dos conflitos
derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais da cidade de Vigo.