Banda Deseñada, El corazón de Wakanda, Pantera Negra

El corazón de Wakanda

  • CATEGORÍA / XÉNERO:  Banda Deseñada

  • TEXTO/ILUSTRACIÓN: Roseanne A. Brown / Dika Araújo, Natacha Bustos e Claudia Aguirre

  • EDITORIAL: Panini Comics – Colección Marvel Scholastic

  • PÁXINAS: 120

  • IDADE RECOMENDADA: A partir de 9 anos

  • VALORACIÓN TROCADELA:

    Banda deseñada orixinal e cheo de acción. Os irmáns Shuri e T’Chala deben salvar a Wakanda dunha antiga maldición que está a poñer en perigo á súa familia e a todo o reino. Terán que deixar de lado as súas diferenzas e traballar en equipo para conseguir o seu obxectivo. Unha viaxe chea de aventura, autocoñecemento, empatía e solidariedade. A paz debe conseguirse a calquera prezo? Descúbreo coa princesa Shuri e con T’Chala, futuro Rei de Wakanda. 

    A heroicidade adoita asociarse a personaxes masculinos, brancos, solitarios, con poder e con forza física. Esta vez podemos gozar dunha aventura con todos os ingredientes deste mundo fantástico e ademais ver como o xénero non ten nada que ver coa valía persoal, que os obxectivos se conseguen en equipo, que a intelixencia e poñerse no lugar doutras persoas vale máis que calquera súper forza. Sen dúbida unha banda deseñada que non deixará indiferente a quen a lea.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ