VALORACIÓN TROCADELA:
Vivimos rodeados de imaxes que absorbemos sen cuestionar a súa orixe ou o seu propósito. Estas imaxes inflúen no noso subconsciente e moldean os imaxinarios que guían as nosas accións e opinións. Neste libro, a autora reflexiona de forma áxil e entretida sobre este fenómeno. A través de exemplos, convídanos a tomar conciencia de que ningunha imaxe é inocente. Cada unha está coidadosamente deseñada cun fin específico, máis aló de vender un produto. Os estereotipos non aparecen de forma natural, constrúense para simplificar a realidade e aliméntanse da información visual que consumimos a diario. Unha lectura recomendada para abrir os ollos e consumir imaxes de maneira consciente, recoñecendo o seu impacto social e cultural.