identidade, diversidade, interculturalidade, familia, convivencia

Negrinha

  • CATEGORÍA:  Novela gráfica

  • TEXTO: Jean-Christophe Camus

  • ILUSTRACIÓN: Olivier Tallec

  • EDITORIAL: Norma Editorial

  • PÁXINAS: 112

  • IDADE RECOMENDADA: A partir de 12 anos

  • VALORACIÓN TROCADELA

    María é “morena” de Copacabana, non “negrinha” de favela. Particularidade identitaria que condiciona a súa existencia na Copacabana dos anos 50. Acompañando a María e a súa nai, páxina tras páxina, coñeceremos as renuncias, desgustos, esforzos e pregarias para quen aspira a unha vida diferente á esperada polas súas orixes, mais sen renunciar a elas. Viñeta tras viñeta, a través de familiares, amizades, habitantes de cidade e de favela que van aparecendo en escena, vaise configurando toda unha trama de enredos familiares, diferenzas de clase, realidades cotiás non exentas de prexuízos e inxustizas, reflexo dunha sociedade de contrastes; sempre viva, sempre en movemento. Tenra historia que cala fondo.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ