VALORACIÓN TROCADELA:
Trevor Noah é un cómico, escritor e produtor surafricano. Naceu na última década do Apartheid. De nai negra (xhosa) e pai branco (suízo), a súa mera existencia violaba numerosas leis do sistema racista imperante. A súa infancia e adolescencia estiveron profundamente marcadas polo contexto político e social, así como pola súa complexa historia familiar.
Prohibido nacer é a súa historia de vida, as súas reflexións máis persoais dunha época na que o racismo era a norma. O relato é tráxico por momentos, pero tamén se respira certa comicidade por parte de quen tenta entender o absurdo e sobrevivir nun país onde ser mestizo era ilegal.
O libro rende tamén unha homenaxe á súa nai, Patricia Noah, cuxa determinación e enxeño desafiaron un sistema con todo en contra para as persoas negras. Patricia sacou adiante ao seu fillo soa e ademais negouse a aceptar as restricións impostas. Grazas ao seu perspicacia logrou ocupar espazos e desempeñar roles que só estaban destinados ás persoas brancas.
Un libro conmovedor, impactante e cheo de humanidade que non che deixará indiferente.