Tienes superpoderes. Vence la ansiedad autoestima, confianza y valentía.

Tienes superpoderes

  • CATEGORÍA:  Divulgación

  • TEXTO: Renee Jain y Dra. Shefali Tsabary

  • EDITORIAL: B de Blok

  • PÁXINAS: 352

  • IDADE RECOMENDADA: A partir de 11 anos

  • VALORACIÓN TROCADELA:

    A infancia e a adolescencia non está exenta de ansiedade, preocupación ou medo por situacións cotiás. A incerteza, o exceso de responsabilidade e a falta de confianza poden xogar malas pasadas nesta etapa. Este libro serve de guía e acompañamento para o público máis novo nestes contextos, aínda que tamén pode ser de gran axuda para as familias.

    Cunha linguaxe clara, as autoras explican que pasa no corpo e na mente cando atravesan procesos de ansiedade, pánico ou incerteza. Ofrecen ademais recursos e estratexias a través de exercicios prácticos para que se poidan xestionar de maneira autónoma e inmediata.

    Unha lectura moi recomendable e interesante para ler en familia.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ