Educación

COMO TE CHAMAS? PERDOA, COMO DIS?

Outubro 18, 2022
Hai unhas semanas terminaba de ler o libro de Moha Gerehou, Qué hace un negro como tú en un sitio como este (Península, 2021). Un deses imprescindibles se queremos coñecer e entender o racismo en España, un racismo ás veces directo e outras veces sutil, pero demasiado presente na vida cotiá. Escribindo sobre o tema dos nomes e a súa grafía (nomes estranxeiros non occidentais, claro), un parágrafo quedou gravado na miña retina:

Volta ao cole

Setembro 16, 2022
Esta semana empeza o cole. De novo madrugones, carreiras, cambios de roupa por derrames imprevistos, perrenchas varias antes de saír de casa… pero ao final, as inmensas ganas de reencontrarse con compis que levan case tres meses sen ver, conseguen vencer os contratempos anteriores e as emocións saen a gallarón.

Contos infantís

Abril 4, 2022
Desde moi temperá idade iniciei ás miñas  crianzas no mundo dos libros, as imaxes que entran polas mans, os contos ou as cancións que tamén contan historias. Son, ademais, das que perdo a noción do tempo en canto entra nunha LIBRERÍA (así con maiúsculas, porque cada vez fuxo máis das tendas de libros, así con minúsculas). Tamén son das que lle gustan os libros que son bonitos por fóra e por dentro, así que me podo pasar horas abrindo e  folleando libros polos estantes. Digo isto para deixar constancia que polas miñas mans pasaron moitos libros infantís, moitos máis dos que acabaron na miña casa, que tampouco son poucos.

A Escola do século XXI e a Educación Intercultural

Novembro 30, 2021
Dicir a estas alturas que vivimos nunha sociedade diversa e multicultural, resultaría máis que obvio. Con todo, a pesar da evidencia, semella que seguimos sen darnos conta e seguimos mirando con estrañeza e desconfianza todo aquilo que escapa ao noso imaxinario cotián, seguimos sen aceptar a diferenza como algo natural.
Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ