“Tengo la teoría de que deletrear un nombre que suena a extranjero borra temporalmente la capacidad de entender las letras del abecedario español” (Moha Gerehou, Qué hace un negro como tú en un sitio como este. Península, 2021).
O racismo preséntase de formas diversas: algunhas son evidentes e fáciles de identificar, mentres que outras, máis sutís, pasan desapercibidas porque as normalizamos tanto que non as recoñecemos como actos racistas.
A dificultade para pronunciar nomes doutras linguas e culturas é un exemplo de racismo disfrazado de anécdota. Apenas lle damos importancia, minimizámolo , mesmo con humor, sen considerar o impacto real que ten en quen é mal nomeado, especialmente se son menores.
O nome como base de identidade
O nome é o primeiro símbolo de identidade que se nos outorga e, desde que nacemos, diferéncianos dentro do grupo social ao que nos vinculamos. No contexto escolar, a forma en que se pronuncian ou escriben os nomes do alumnado, inflúe na súa autoestima. Cando as profesoras e os profesores tómanse o tempo de aprender e pronunciar correctamente o nome dos seus estudantes, están a enviar unha mensaxe clara: “véxoche, respéctoche e es importante nesta clase”.
Pola contra, cando se mostra desinterese ou se opta por un nome alternativo (alegando que o orixinal é “difícil de pronunciar”), a nena ou o neno pode percibilo como unha falta de interese na súa identidade, na súa historia ou na súa familia dentro dun espazo que debería ser seguro e respectuoso para a infancia. Isto sucede, por exemplo, con nomes que pertencen a culturas asiáticas, africanas ou árabes, os cales moitas veces téntanse substituír por alcumes que, en lugar de facilitar o vínculo co grupo, restan valor á identidade da persoa.
Memorizar nomes: desgaste ou respecto?
Moitos docentes saben o que é aprender a lista de clase con nomes e apelidos. Ese esforzo por memorizar os nomes de todos os seus estudantes non é só unha formalidade, é unha maneira de construír un ambiente seguro e respectuoso. Na infancia, este xesto marca unha gran diferenza no seu benestar emocional, sobre todo de quen pode sentirse “diferentes” dentro da aula pola súa orixe, idioma ou cultura.
É importante lembrar que o nome é tamén parte dunha herdanza cultural. Ao investir tempo en pronuncialo correctamente, estamos a recoñecer e validando a historia familiar e cultural que representa. Como pedir ao alumnado que respecte a diversidade se os seus referentes educativos non comezan por algo tan básico como respectar os nomes de quen forma parte do grupo de convivencia escolar?
Pequenos xestos que marcan a diferenza
Na infancia, o nome é parte dun proceso de representación de quen somos. Aprender a pronunciar e respectar o nome de cada estudante contribúe a que sintan recoñecida a súa individualidade, sen caricaturización ou simplificación da súa identidade. O respecto polos nomes, lonxe de ser unha cuestión menor, é parte esencial da construción dun ambiente escolar positivo, no que cada nena e neno pode sentir a seguridade e valoración por parte do grupo.
O papel como docentes pode marcar a diferenza para favorecer un ambiente de convivencia e benestar emocional, ademais de inspirar ao resto de estudantes a mostrar a mesma atención e coidado, promovendo unha cultura de respecto cara aos demais.
En conclusión, non é só cuestión de deletrear ou de pronunciar, é cuestión de respecto, de empatía e da vontade de ver a cada nena e neno na súa individualidade. Na aula, aprender a pronunciar correctamente un nome é unha ferramenta máis para fortalecer a autoestima, a pertenza e o respecto mutuo.
BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ
Resumen de privacidade
Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
As cookies estritamente necesarias ten que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Isto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de volta.
Cookies de terceiras partes
Esta web emprega Google Analytics para recompilar información anónima tal como o número de visitas do sitio ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.