Trocadela - Proyecto Galicia - Convivencia e Interculturalidad

Convivencia Activa

Trocadela - La diferencia es natural

Proxecto socioeducativo dirixido a familias, centros educativos e entidades socioculturais para establecer vínculos e estratexias que posibiliten unha convivencia activa e respectuosa.
O noso eixo vertebrador é o recoñecemento da diversidade étnico-racial e cultural.

Acompáñanos nesta viaxe de transformación social.

MISIÓN

Traballamos para deconstruir patróns normalizados durante a socialización que prexudican o recoñecemento da diferenza natural entre as persoas, para reconstruír e dar entrada a novas aprendizaxes.

VISIÓN

Aspiramos a unha sociedade na que a diversidade étnico-racial e cultural sexa aceptada, asumida e recoñecida. Unha sociedade na que o armazón social impulse os mecanismos necesarios para crear contornas seguras, nos que cada persoa poida interactuar, establecer vínculos e desenvolver proxectos de vida sen ter que renunciar á súa identidade.



VALORES

ESCOITA

Cremos na importancia de escoitar activamente, dando espazo a todas as voces e perspectivas, para construír pontes de entendemento e promover un diálogo respectuoso.

PARTICIPACIÓN

Fomentamos a participación activa de todo o armazón social na creación dunha contorna respectuosa. A colaboración é clave para construír unha sociedade que reflicta a riqueza das súas diversas tradicións e experiencias.

RESPECTO

Promovemos o respecto mutuo, recoñecendo e valorando as diferenzas individuais como fortalezas. Buscamos crear un espazo onde cada persoa, independentemente da súa orixe étnica, racial ou cultural, síntase respectada e apreciada.

TRANSFORMACIÓN

Comprometémonos a ser axentes de cambio, desafiando activamente os patróns discriminatorios arraigados na sociedade. Buscamos transformar a crianza, a educación e a convivencia con ferramentas que impulsen a igualdade e o respecto.

EMPATÍA

Fomentamos a empatía como base para a comprensión e a conexión entre as persoas. Con ela construímos relacións máis fortes e contribuímos a unha sociedade máis xusta.

A convivir apréndese e apréndese convivindo.

Desafía estereotipos e se parte do cambio.

POR QUE TROCADELA

EXPERIENCIA PERSOAL

FORMACIÓN PROFESIONAL

TRANSPARENCIA E PROXIMIDADE

IMPLICACIÓN AO 100%

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ