Trocadela - Proyecto Galicia - Convivencia e Interculturalidad

Convivencia e xestión da diversidade étnico-racial
para familias e centros educativos

Trocadela - La diferencia es natural

Somos Noemí (psicóloga e mediadora) e Olaia (politóloga especializada en migracións e cidadanía). Fillas de mestra e parte dunha familia mixta afrodescendente.

Somos moitas familias as que vivimos unha diversidade étnico-racial que despois non atopamos nos centros educativos. A ausencia de referentes, máis aló dos núcleos próximos e familiares, é unha realidade coa que temos que lidar día a día, o cal deixa unha pegada considerable no proceso de construción da identidade tanto na infancia como na adolescencia. Todo iso nun espazo que deixa de ser seguro se non se ten en conta a representatividade da sociedade actual. A convivir apréndese e apréndese practicando. Desde Trocadela achegamos ferramentas e recursos para asentar as bases desa aprendizaxe, desde idades temperás, facendo equipo coa comunidade educativa.

A NOSA MISIÓN

Poñer en valor a convivencia nunha sociedade diversa naturalizando a diferenza.

Acompañar na deconstrución de estereotipos e imaxinarios colectivos que dificultan as relacións interpersoais e a construción da identidade propia.

O NOSO PÚBLICO

Dirixímonos ao ámbito educativo e ás familias interesadas na construción dunha cidadanía representativa da diversidade étnico-racial e cultural presente na sociedade.

RECURSOS PARA A CONIVENCIA

DIAGNOSE DE CONVIVENCIA

Para entender o funcionamento do centro e as súas necesidades, realizamos unha diagnose dende a confianza e a proximidade.

DESEÑO DE INTERVENCIÓN

Cada centro ten a súa casuística particular e as súas características. Personalizamos a intervención.

ELABORACIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA

Encargámonos de lidar coa burocracia, documentos oficiais, protocolos… Propoñemos un Plan de Convivencia a medida.

RECURSOS PARA DOCENTES

Propoñemos contidos específicos, alternativas de reorganización de espazos e xestión de conflitos; así como diversas actividades e elementos que permitan introducir a diversidade de referentes étnico-raciais e culturais na aula.

MEDIACIÓN

Grazas á nosa experiencia e formación, ofrecemos intervención directa en conflitos xa presentes ou latentes.

OBRADOIROS PARA ESTUDANTES, FAMILIAS E DOCENTES

Encontros e dinámicas nas que se traballan aspectos da convivencia e a deconstrucción de estereotipos de maneira lúdica e participativa.

POR QUE TROCADELA

EXPERIENCIA PERSOAL

FORMACIÓN PROFESIONAL

TRANSPARENCIA E PROXIMIDADE

IMPLICACIÓN AO 100%

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ