Non te ofendas, só é unha broma
A pouco que coñezades o proxecto que nos traemos entre mans, xa vos daredes conta de que con certa frecuencia falamos de estereotipos, prexuízos e racismo.
Seguiremos facéndoo, pois consideramos necesario poñer o foco en malas prácticas herdadas para identificalas, repensalas, cuestionalas e actuar en consecuencia; isto é, cambialas e, se pode ser, con accións e non só con discursos.
Un exemplo deses malos hábitos naturalizados, considerados indefensos, ben intencionados e, incluso, cun toque de humor son os racismos cotiáns (nota mental: racismo; non micro-racismo) aos que recorremos para votarnos unhas risas (nota mental: unxs a costa de outrxs, carece de gracia).
Na cabeza apíñansenos palabras e imaxes para argumentar e ilustrar o dito. Mais… cremos que hai momentos nos que, dunha vez por todas, toca escoitar e non falar, entender e non opinar, empatizar e non xulgar, respectar e non sentenciar.
Este é o motivo polo que hoxe, neste post, limitámonos a compartir un artigo escrito por Lucía Mbomío para a revista Pikara magazine: Racismo tipo Torrente. Nel, convídanos a reflexionar sobre estas cuestións con sólidos argumentos. Non faremos máis spoiler. Pasade e lede.