OBRADOIROS PARA ESTUDANTES, FAMILIAS E DOCENTES

Encontros e dinámicas nas que se traballan aspectos da convivencia e a deconstrución de estereotipos de maneira lúdica e participativa

OBRADOIRO

De que cor somos?

Actividade pensada para abordar temas como a identidade, a percepción individual e colectiva, a diversidade étnico-racial e cultural, a discriminación e o racismo.

OBRADOIRO

O noso barrio

A través da creación dun barrio imaxinado e deseñado polo alumnado, traballamos aspectos como a convivencia, a comunicación, a identidade individual e colectiva, a diversidade étnico-racial e cultural, a cidadanía e a participación comunitaria.

OBRADOIRO

Encontros con familias

Espazo para compartir impresións e experiencias sobre todas aquelas cuestións que, como familias, nos preocupan e sobre aqueloutras que nos motivan e dannos o empuxe necesario para seguir adiante.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ