De que cor somos?

Actividades para promover o coñecemento propio e o recoñecemento das demais persoas dende o dereito a ser diferentes co fin último de romper prexuízos e estigmas asociados á cor da pel.

Dirixido a centros educativos e de lecer infantil

Idade recomendada: 4-12 anos

A realizar en espazos comúns como aulas, bibliotecas ou salas multiusos

Grupos reducidos

INSCRICIÓN en trocadela@trocadela.com

BENEFICIOS

O mellor xeito de aprender é dende a experiencia e a emoción, por iso desenvolvemos actividades lúdicas que conectan coa contorna cotiá infantil.

Ofrecemos un espazo seguro para poder expresarse libremente sobre o que pensan e senten. Reflexionamos e traballamos dende as súas necesidades.

Compartimos estratexias e recursos para unha comunicación respectuosa, recoñecendo a diferenza como un elemento enriquecedor.

COMO O FACEMOS?

Contacta connosco dicíndonos que este é o obradoiro que che interesa.

Acordamos primeiro encontro (presencial/en liña) para coñecernos, poñernos cara e saber un pouquiño máis do voso contexto e necesidades. Así nós podemos adaptar o contido ao voso escenario particular.

Se vos gusta o que ofrecemos, axendamos e…empezamos!

Trocadela - Contacto - Herramientas convivencia

Se tes dúbidas ou queres ter información antes de tomar a decisión, contacta connosco. Estaremos encantadas de conversar contigo.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ