O noso barrio

Actividade para adquirir ferramentas e recursos fundamentais para sentar as bases dunha convivencia dinámica, participativa e respectuosa.

Dirixido a centros educativos e de lecer infantil

Idade recomendada: 6-12 anos

A realizar en espazos comúns como aulas, bibliotecas ou salas multiusos

Grupos reducidos

INSCRICIÓN en trocadela@trocadela.com

BENEFICIOS

Aprender a observar de maneira activa a túa contorna próxima conéctache con historias de vida que o ritmo frenético diario invisibiliza, potenciando a túa empatía, solidariedade e resiliencia.

Xestionar realidades diversas e conflitos latentes desenvolve a túa capacidade creativa e resolutiva fóra do teu estado de confort.

Formar parte activa dunha comunidade potencia as túas habilidades comunicativas e a túa asertividade.



COMO O FACEMOS?

Contacta connosco dicíndonos que este é o obradoiro que che interesa.

Acordamos primeiro encontro (presencial/en liña) para coñecernos, poñernos cara e saber un pouquiño máis do voso contexto e necesidades. Así nós podemos adaptar o contido ao voso escenario particular.

Se vos gusta o que ofrecemos, axendamos e…empezamos!

Trocadela - Contacto - Herramientas convivencia

Se tes dúbidas ou queres ter máis información antes de tomar a decisión, contacta connosco. Estaremos encantadas de conversar contigo.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ