Recursos para a interculturalidade

Partindo dunha investigación preliminar sobre a realidade concreta de cada centro, introducimos a perspectiva intercultural nas aulas de infantil e primaria, a través de propostas que permitan diversificar contidos, materiais, espazos e metodoloxías.

ACTIVIDADE DIRIXIDA A CENTROS ESCOLARES, LUDOTECAS E ASOCIACIÓNS

PODEN PARTICIPAR PROFESIONAIS QUE TRABALLEN CON GRUPOS DA ETAPA DE EDUCACIÓN IFANTIL OU PRIMARIA

PÓDESE REALIZAR EN ESPAZOS COMO AULAS, BIBLIOTECAS OU SALAS MULTIUSOS

PODEN PARTICIPAR GRUPOS DE 8 A 12 PERSOAS

Para inscribirche, envía un correo a trocadela@trocadela.com

QUE IMOS FACER?

ANALIZAR A REALIDADE CONCRETA DO CENTRO DENDE UNHA PERSECTIVA INTERCULTURAL

Coñecer en que medida empréganse materiais e actividades que permiten traballar conceptos relacionados coa interculturalidade.

Saber con que frecuencia proporciónanse contidos para introducir conceptos como a migración, a cultura, a diversidade cultural, a xestión da diferenza e o conflito, a comunicación, as habilidades sociais e a empatía.

Analizar a diversidade de referentes que se presentan ao grupo

PROPOÑER ELEMENTOS QUE PERMITAN INTRODUCIR A DIVERSIDADE COMO ALGO NATURAL NA AULA

Diversidade de espazos, materiais, referentes, metodoloxías e contidos.

OBXECTIVOS

COÑECER O ESTADO ACTUAL DA DIVERSIDADE CULTURAL E A INTERULTURALIDADE NAS AULAS

RESPONDER A CUESTIÓNS COMO:

Concíbese a diferenza como algo natural? Enténdese a diversidade como un compoñente transversal da sociedade? Como se reflicte a diversidade ou se trata a diferenza nas aulas?

Promóvese o coñecemento doutras culturas e outras linguas? En caso afirmativo, como se fai?

Favorécese o coñecemento de que en todas as partes do mundo fanse cousas interesantes e importantes para as persoas que o habitamos? En caso afirmativo, como se fai?

PROPOÑER RECURSOS QUE PERMITAN EMENDAR AS CARENCIAS OBSERVADAS E INTRODUCIR A DIVERSIDADE CULTURAL E A INTERCULTURILIDADE NAS AULAS DE XEITO REAL E EFECTIVO

PLANTAR AS PRIMEIRAS SEMENTES PARA QUE NUN FUTURO A INFANCIA DE HOXE CONTRIBÚA A ELABORAR O ARGUMENTARIO NECESARIO PARA DESMONTAR OS ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS QUE ACTUALMENTE ACOMPAÑAN ÁS PERSOAS RACIALIZADAS E /OU ESTRANXEIRAS

Trocadela - Contacto - Herramientas convivencia

Se tes algunha dúbida ou suxestión con respecto a esta actividade, podes escribirnos.
Estaremos encantadas de contestarche.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ