O noso sitio web, www.trocadela.com, emprega unha tecnoloxía denominada “cookies” coa
finalidade de poder recompilar información sobre o uso do sitio web. Informámosche que
podemos empregar cookies coa finalidade de facilitar a túa navegación a través da páxina
web, distinguirche doutras persoas usuarias e analizar os teus hábitos de navegación dentro
da web.
A presente política de cookies ten por finalidade informarche de xeito claro e preciso sobre as
cookies que son empregadas na nosa web.
QUE SON AS COOKIES?
Unha cookie é un arquivo que se descarga no teu equipo (ordenador ou dispositivo móbil),
coa finalidade de almacenar datos que poderán ser actualizados e recuperados pola
entidade responsable da súa instalación.
A información recompilada a través das cookies pode incluír: a dirección IP, a data e a hora de
visitas á web, as páxinas visionadas dentro da web, o tempo de estancia na nosa web e os
sitios visitados xusto antes e despois da mesma e outros datos de navegación. Así, as cookies
permiten obter información sobre os teus hábitos de navegación.
QUE TIPO DE COOKIES EMPREGAMOS?
Empregamos Google Analytics, un servizo analítico de cookies prestado por Google, Inc.
(“Google”) que axuda a analizar o uso do sitio web.
A información xerada polas cookies sobre o uso que fas deste sitio web (información habitual
sobre a entrada en internet, incluída a dirección IP e sobre hábitos de visita en forma
anónima), transmitirase a Google que a almacenará, entre outros lugares, en servidores
situados nos Estados Unidos. Google converterá en anónima a información, suprimindo os
últimos oito díxitos da dirección IP antes de almacenala.
Conforme ás condicións do servizo de Google Analytics, Google empregará esta información
para avaliar o uso que fas do sitio web e elaborar informes ao respecto.
En todo caso, informámosche que Trocadela non empregará, nin permitirá que terceiras
partes empreguen, o instrumento de análise estatística para localizar ou recoller información
algunha de quen visita este sitio que faga identificable á persoa usuaria visitante.
Conforme ás condicións do servizo de Google Analytics, Google non asociará a túa dirección
IP a ningún outro dato que obre en poder de Google. En todo caso, podes rexeitar o uso das
cookies de Google Analytics descargando e instalando o complemento de navegador “Google
Analytics Opt-out Browser Add-on”. Deste xeito, evitarás que información sobre a túa visita
ao sitio web sexa enviada a Google Analytics cos fins indicados.
A continuación podes ver a listaxe detallada de Cookies que instala o servizo Google Analytics a través da nosa web: