Trocadela - Somos Olaia y Noemí

Ola! Somos Olaia e Noemí.
Xuntas formamos un bo tándem para promover a convivencia nas aulas
tendo en conta a diversidade étnico-racial e cultural.

Trocadela - Somos Olaia y Noemí
Trocadela - Somos Olaia y Noemí

Olaia

Politóloga, especializada en migracións e nai de dúas crianzas.

Os estudos en Ciencia Política e os anos vinculados ao ámbito social, permítenme ter unha visión interseccional da sociedade e as relacións que se dan dentro dela.

A maternidade ponme os pés na terra, faime consciente cada día do lugar que se nos asigna por ser mulleres e nais. É un reto, un desafío e, tamén, un acto de rebeldía.

A miña crianza mixta, ademais, ponme en contacto con narrativas moi distintas a aquelas coas que crecín. É unha fonte constante de deconstrucción e aprendizaxe.

Noemí  

Psicóloga, psicoterapeuta, mediadora e tía de dúas crianzas.

A práctica profesional dáme o privilexio de conectar coa parte máis humana das persoas, practicar a empatía, a comprensión sen xuízos,a escoita e o respecto. A través dela son consciente da importancia de atoparse e compartir, con todas as nosas diferenzas, polo ben común e o benestar persoal.

Como tía vivo moi de preto as vicisitudes da crianza mixta e o seu impacto na saúde mental. Faime comprender a necesidade de deconstruir narrativas e prácticas cotiás, para crear contornas seguras e acompañar adecuadamente cando sexa necesario.

COMO O FACEMOS?

Trocadela é o noso lugar común. Nel cuestionamos todo aquilo que non funciona e buscamos solucións enfocadas cara a unha convivencia respectuosa, libre e digna para todas as persoas.

Contamos contigo. 

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ