Trocadela - Somos Olaia y Noemí

Ola! Somos Olaia e Noemí.
Xuntas formamos un bo tándem para promover a convivencia nas aulas
tendo en conta a diversidade étnico-racial e cultural.

Trocadela - Somos Olaia y Noemí
Trocadela - Somos Olaia y Noemí

Somos Noemí (psicóloga e mediadora) e Olaia (politóloga especializada en migracións). Irmás e distintas como a noite e o día, así que levamos moitos anos xestionando diferenzas para entendernos, respectarnos e querernos de aquí á lúa. Ademais, somos parte dunha familia mixta afrodescendente, entrando de cheo nunha realidade que nos empuxa a deconstruirnos e aprender a ver o mundo desde outro prisma ao que non estabamos afeitas, iniciando unha viaxe de luces e sombras constantes.

Fillas de mestra, o amor pola educación e a dignidade da profesión están no noso ADN desde o berce. Cremos firmemente que podemos achegar unha visión importante á comunidade educativa. O tándem Ciencias Sociais-Educación é un marco que ofrece múltiples posibilidades para nutrirse de recursos e ferramentas ante o desafío que supón a convivencia e a diversidade étnico-racial nos barrios e as cidades que habitamos.

¿COMO O FACEMOS?

Trocadela - Escoita, Participación e Respecto

O noso proceso de traballo baséase fundamentalmente na escoita, o diálogo e a transparencia. Gústanos traballar sobre o terreo apoiándonos en recursos culturais, creativos e lúdicos. As persoas, cos seus contextos e circunstancias, son o eixo sobre o que xira todo o noso traballo.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ