O noso barrio

A través da creación dun barrio imaxinado e deseñado polo alumnado, traballamos aspectos como a convivencia, a comunicación, a identidade individual e colectiva, a diversidade étnico-racial e cultural, a cidadanía e a participación comunitaria.

ACTIVIDADE DIRIXIDA A ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PODE PARTICIPAR ALUMNADO DE ENTRE 6 E 12 ANOS DE IDADE

PÓDESE REALIZAR EN ESPAZOS COMO AULAS, BIBLIOTECAS OU SALAS MULTIUSOS

PODEN PARTICIPAR GRUPOS DE 10 A 15 PERSOAS

Para inscribirche, envía un correo a trocadela@trocadela.com

QUE IMOS FACER?

Construír un barrio con materiais diversos, atendendo aos aspectos físicos e emocionais do mesmo: vivendas, espazos comúns (lúdicos e profesionais), persoas que o habitan, aparencias, costumes, organización, relación e convivencia.

OBXECTIVOS

PROMOVER VALORES SOCIAIS DE RESPECTO E CONVIVENCIA

Adoptar unha posición activa no intre de observar.

Desenvolver habilidades sociais que permitan participar con naturalidade no entorno próximo.

Promover o traballo colaborativo.

Familiarizarse con distintas ferramentas comunicativas.

Reflexionar sobre conceptos como vivenda, familia, escola, espazo público e privado, diversidade étnico-racial e cultural, identidade, respecto e convivencia.

Trocadela - Contacto - Herramientas convivencia

Se tes algunha dúbida ou suxestión con respecto a esta actividade, podes escribirnos.
Estaremos encantadas de contestarche.

Trocadela - Proyecto Convivencia Intercultural - Vigo

trocadela@trocadela.com

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

BRANDING E DESEÑO WEB REALIZADO POR CROQUETA STUDIO CON MOITO AGARIMO PARA OLAIA E NOEMÍ